Cara a cara #423: María Oruña e 'Los inocentes'

Radio
24 de setembro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

A escritora María Oruña fálanos da súa última novela 'Los inocentes'.

Cara a cara #423: María Oruña e 'Los inocentes' /
Cara a cara #423: María Oruña e 'Los inocentes'
Cara a cara #423: María Oruña e 'Los inocentes'

Un atentado masivo prodúcese no famoso balneario de Puente Viesgo utilizando unha arma química. As súas vítimas son un un grupo de empresarios. A tenente Valentina Redondo volve ter outro crímen (crimes) diante que terá que resolver. Nesta sexta entrega de Los Libros del Puerto Escondido, a súa autora, María Oruña, ponnos ante un thriller onde "as personaxes non teñen tempo a pensar" xa que de toda a serie ata o de agora  "é a que ten máis acción". Con 'Los inocentes', a escritora viguesa volve facer unha homenaxe ás novelas policíacas. Así, non faltan as referencias a Agatha Christie, quen ademais dá nome a este libro. Tamén están presentes Dumas ou Dostoyevski, facendo reflexionar aos lectores sobre o crime, o castigo e a vinganza.

Foto: Carlos Ruiz B.K.