'El olor del miedo' é unha novela de intriga. O escenario é o bioparc de Valencia onde alguén está a acabar coa vida de varios dos animais que alí viven. Unhas páxinas onde os lectores non só mergúllanse no esclarecemento destas mortes, tamén entran nun debate sobre a vida animal e a vida humana. Os instintos, os sentimentos, a morte, a conciencia da morte, o medo, o mantemento da especie e a maternidade... asomámonos a todo iso na charla que mantemos co seu autor, Manuel Ríos San Martín.
O nome de Manuel Ríos está vinculado a exitosas series de televisión como 'Médico de familia', 'Colegio mayor', 'Compañeros', 'Sin identidad' ou 'Raphael', ben como produtor, director ou guionista. Dirixiu 'No te fallaré' e foi coguionista de 'Amigos' ou 'Maradona, la mano de Dios'. É ademais autor de catro novelas, a última, 'El olor del miedo', que acaba de publicarse e a súa promoción tróuxolle a Pontevedra.