Thom Archi volve repetir entre o elenco de artistas locais que actúan esta fin de semana no Río Verbena Fest. Será este venres 25 no escenario La Gramola. Convidamos ao novo meco quen nos fala da súa traxectoria e intención de facerse o seu oco no panorama musical.
Defínese como músico e compositor. Identifica a súa música no pop: "gústame definilas como pop simplemente, porque é tan amplo que pode ter influencia de calquera outro xénero e no que se enfoca é en que soe guay e guste ao maior número de xente. Falar doutro xénero faríaseme raro porque noutro momento podo facer algo distinto", explica. Empezou mesturando temas e logo pasou a compoñer e producir que é a parte coa que máis se identica, aínda que igualmente canta. O pasado abril publicou 'Thomo', o seu primeiro EP con cinco temas.