Alberto Agrelo Vidal ve en primeira persoa o maior éxodo desde a segunda guerra mundial. Este grovense, bombeiro de profesión, non puido quedar de brazos cruzados cando vía por televisión esta tesitura. Así que se sumou a PROEMAID. É unha asociación sen ánimo de lucro que xurdiu en 2015 a instancias de tres bombeiros sevillanos. A día de hoxe forman parte profesionais de emerxencia co obxectivo de salvar vidas no mar.
Con todo, o pasado agosto tiveron que replegarse e volver aos seus lugares de orixe por falta de financiamento. Por iso Alberto Agrelo fai en PontevedraViva Radio unha chamada á cidadanía. Quen desexe colaborar poden atopar información na web da asociación: www.proemaid.org
Quen ao escoitar o que relata Alberto Agrelo non senta que algo que se lle racha por dentro, debería facelo mirar.