Dakidarría comezou nun instituto de Nigrán, como cuarteto. Actualmente son nove músicos no escenario. Actúan este mércores 9 xunto a Lamatumbá no ciclo Urbana de Monteporreiro ás 21.00 horas e dentro do programa 'Pontevedra Verán Fest'. Charlamos coa súa guitarra e voz principal, Gabri Reigosa. Soan a ska, punk e reggae. As súas letras están absolutamente comprometidas e aínda que comezaron a compoñer en castelán, pasáronse ao galego e xunto a este cantan igualmente en varias linguas. 'Colaxe' é o seu último disco, presentado o ano pasado. Agora están inmersos nunha xira especial, conmemorativa do vixésimo aniversario.
Cara a cara #409: Dakidarría na Urbana de Monteporreiro
Radio
08
de agosto
2023
Dakidarría, banda de ska, punk, reggae, procedente do Val Miñor.
Máis novidades