Maek e Sito Flores conforman Trendy Soft Soda. Estes dous vinteañeros oriúndos de Samieira, Poio, levan máis dun ano traballando no que vai ser o seu primeiro álbum, 'Chapoteo', con catorce temas. Un traballo no que soa reguetón, hiperpop, deep house e ata experimentan co bolero. Por agora - e ata a medianoite do domingo - o único que avanzaron é 'Si no sales' un reguetón que se pega como a calor no verán e que desde esta semana pódese escoitar e tamén ver o correspondente videoclip gravado nun recoñecible emprazamento pontevedrés. A presentación de 'Chapoteo', este sábado 15 no Fifty Club de Pontevedra ás 22.30 horas.
Cara a cara #407: Trendy Soft Soda
Radio
14
de xullo
2023
Actualizado:
27
de novembro
2024
Trendy Soft Soda é un grupo de música urbana procedente de Samieira, Poio.
Máis novidades