Paula García Vázquez ou Paula Cheshire fíxose este ano no Salón do Cómic de Valencia co Premio Antifaz á autora revelación por ‘El duelo’. Estivo nomeada na mesma categoría ao Premio Miguel Gallardo no Cómic Barcelona, participou na última edición do Salón do Cómic de Zaragoza ou do Japan Weekend de Bilbao, no Viñetas desde ou Atlántico da Coruña e para o que queda de ano estará no Madrid Cómic Pop Up e no Salón do Cómic de Getxo (Biscaia).
Esta fin de semana participará na Festa dos Libros de Pontevedra. Presentará a nova edición de 'Me das ansiedad', un libro que autoeditó sobre o fanzine que publicaba en redes sociais e que agora volve levar a papel e con novas tiras xunto a Fandogamia. "Poder asinar na miña cidade faime moita ilusión e que vaian presentar exclusivamente aquí un dos meus cómics é moi guay", di.
Foto: Cristina Saiz