Ángel Luis Pujante Álvarez-Castellanos é catedrático emérito de Filoloxía Inglesa da Universidade de Murcia. Está entre os máis reputados expertos nacionais e internacionais sobre Shakespeare. É tamén Premio Nacional de Tradución por 'La tempestad' en 1998. Un jalón da súa traxectoria profesional que está vinculado a esta cidade xa que foi un galardón que recibiu no Parador de Pontevedra.
Esta semana descansa en Galicia, concretamente en Pontevedra, unha cidade que visitou por primeira vez por suxerencia dun amigo: Gonzalo Torrente Ballester. Fálanos da súa amizade co l escritor e profesor ferrolán, do seu vínculo ao dramaturgo inglés, das súas publicacións, investigacións e traducións, de Shakespeare e Cervantes... e de todo apréndese algo.
Foto: Mónica Patxot