'Charlo' é o título do álbum debut de Juan Pablo Charlo Rossi que xa está dispoñible en plataformas de streaming e en formato físico. Músico profesional, residente en Pontevedra desde fai máis dunha década. Pasou por unha decena de bandas, chegando a telonear a Pretenders, Morcheeba ou Viva Suecia con The Soul Breakers. Di que "non quería un disco plano. Teño influencias do rock, do jazz, da bossa nova, do flamenco, da música de Galicia...", así que 'Charlo' é unha mestura destes ritmos baixo un paraugas pop e unha choiva de vivencias dando forma ás letras.
Foto: Mónica Patxot