'El ocaso de Roma' é un podcast centrado no baixo imperio romano e a antigüidade tardía que desde 2017 produce Carlos de Miguel. Este vallisoletano, licenciado en Historia é docente, divulgador e acaba de publicar unha novela de ficción histórica co mesmo título. O libro sitúa ao público lector no século III, un período da historia moi pouco tratado e desvirtuado tamén. 'El ocaso de Roma' está ilustrado con mapas daquel imperio, inclúe un extenso glosario de termos latinos, un índice de personaxes entre os que está un dos seus protagonistas, o emperador Constantino e códigos QR para complementar a lectura da novela cos audios dos podcast.
Cara a cara #395: Carlos de Miguel e 'El ocaso de Roma'
Radio
07
de xuño
2023
Carlos de Miguel é historiador, autor da novela 'El ocaso de Roma' e creador do podcast co mesmo nome.
Máis novidades