O produtor e director de animaciónJorge Costas tráenos o trailer da curta que fixo sobre un conto especial. Durante o confinamento de 2020 o seu fillo Sergio ideara unha historia que o seu pai encargouse de ilustrar, así publicaron en 2021 'O monstro e a nena' con Editorial Galaxia. Agora aquel conto tamén é unha curtametraxe de animación. Fálanos ademáis doutros proxectos como as curtas de animación que xunto co ilustrador Gogue realizaron sobre o Camiño de Santiago e as súas variantes e que teñen como protagonistas a Floreano e Monchiña.
Tamén para entidades públicas creou outras animacións como o 'Avó Patacas' e levou ao universo 3D xa que tamén é artífice da guía virtual que acompaña as visitas guiadas da web da Casa Museo Rosalía de Castro. Neste caso creando o avatar de Maruxa Villanueva, a muller que en vida e durante décadas coidou e guiou a visitantes pola casa da poetisa galega.