Dez persoas caen ao mesmo tempo desde dez habitacións da sétima planta dun emblemático hotel da Plaza de España madrileña. Así arrinca 'Delito'. En algo máis dun mes desde a súa publicación, a última novela da xornalista Carme Chaparro xa leva catro edicións. Neste thriller suceden cousas que "están non só moi ancoradas á realidade, senon que son a realidade mesma. Hai unha trama que ten que ver coa sanidade na que hai certa crítica, porque os personaxes así o esixen", tamén reflicte a realidade da inxeñería que conleva o sistema de trasplantes de órganos en España, algún infame personaxe histórico, xornalistas - co seu punto crítico-, violacións, enfermidades dexenativas, amor, paixón, odio, vinganza... ata unha bolsa de patacas fritas de fala.
Foto: Carlos Ruiz.