En 2015 Xacobe Medina Dacasa tiña 15 anos, aquel 17 de maio dedicábase o Día das Letras Galegas ao seu bisavó José Filgueira Valderde. Foi un antes e un despois para aquel adolescente. Agora ten 23 anos, está graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago na que realiza un máster e recentemente publicou o seu cuarto libro, 'Lembranzas dun mestre subvesivo'. O primeiro como novela e tamén o primeiro que conta cunha editorial como respaldo e que é Xerais. Con dezasete anos autoeditó un ensaio filosófico, 'A vida actual segundo os deuses', con dezaoito 'Adral de Filosofía' e en 2020 'Memorias dun profesor'.
Charlamos tamén co Xacobe músico e da súa "beatlemanía ou beatlefilia, dependendo se queres velo como enfermidade ou non" e explica o por que desa obsesión que sente polos de Liverpool. Para terminar a charla preguntámoslle polo seu futuro e fai gala da súa mochila filosófica apuntando diversos camiños; iso si, "sen abocarse á frustración, porque hai que asumir que en ocasións as cousas non só dependen dun".
Foto: Mónica Patxot