Cara a cara #385: Lieven Scheerlinck, músico, escritor e pai de acollida

Radio
12 de maio 2023

Lieven Scheerlinck, Singer of Songs.

Cara a cara #385: Lieven Scheerlinck, músico, escritor e pai de acollida /
Cara a cara #385: Lieven Scheerlinck, músico, escritor e pai de acollida
Cara a cara #385: Lieven Scheerlinck, músico, escritor e pai de acollida

Unha voz amable desas que se deixan pasar sen que chamen á porta e o acompañamento musical no seu punto xusto para que a sinxeleza da súa música soe tan só - que xa é bastante -, a verdade. Así é o músico, Singer of Songs e así é o nome propio, a persoa, que vive no músico, Lieven Sheerlinck. Un belga que no 98 chegou a España onde segue residindo. 

Está a presentar ao público o seu libro 'Doce derrota', no que plasma "a miña relación coa música, a miña historia como músico". Un libro no que tamén reflicte aos pais de acollida que son Lieven e a súa muller, Rosa, desde o últimos catro anos. Esta fin de semana hai tres ocasiones para escoitalo en directo. Leste mesmo venres 12 en 'A Casa de Arriba' de Vigo a partir das 21.30 horas. Sábado 13 ás 13.30 horas en 'O Panderetas' de Pontevedra e o domingo 14 ás 13.15 horas en 'A praza' de Trives.

Foto: Mónica Patxot