'Escola de mulleres' por Editorial Galaxia, en galego, ou 'Escuela de mujeres' por Tres Hermanas, en castelán, é o último titulo de Inma López Silva. Escritora, ensaísta, crítica de teatro, profesora da ESADg, ex profesora universitaria e ex política.
Un título que inician tres recoñecidas mulleres, María Casares, Simone de Beauvoir e Zelda Fitzgerald, sentadas nunha cafetería criticando á protagonista de 'Escola de mulleres', Gloria. Tamén hai que dicir, que ela, Gloria, escribe sobre elas; máis exactamente traduce a correspondencia que elas se intercambiaban cos seus respectivos amantes. Gloria: a filóloga, a muller, a esposa, a nai, a amante, a paciente de psiquiatría, a soñadora,... todas elas conducen aos lectores polos límites persoais e alleos, polos convencionalismos, polo empeño en cumprir a vida que se desexa.
Foto: Mónica Patxot