O seu nome é sinónimo de top vendas. De feito, Alice Kellen é a autora máis vendida en España o ano pasado. É unha muller treintañera que suma dezasete títulos no mercado editorial. O seu público tamén é novo e moi novo, maiormente feminino. Promociona estes meses 'Donde todo brilla', cuxa historia transcorre durante trinta anos con dous personaxes como protagonistas, Nicki Aldrich e River Jackson, "inseparables desde que chegaron ao mundo con corenta e sete minutos de diferenza". Crecer, madurar, buscar o propio camiño, acertos, erros... a vida mesma en case seiscentas páxinas.
Foto: Jona Jaraba