O pontevedrés Aarón Silva, ou MisterMyr, como se fai chamar nos seus perfís sociais e profesionais, preséntase como produtor musical, compositor de bandas sonoras e artista multigénero. Ten formación musical regrada, formou parte de bandas de rock e metal, de orquestras e realizado colaboracións con outros artistas. En solitario foi músico de rúa en Santiago,tamén fixo de "freelancer" en diferentes actividades. O seu maior logro como músico ata a data comezou en 2019. A finais dese ano o videoxogo 'Neon Flytron'. Non é o único mercado para o que compón e produce, tamén o fixo para unha deseñadora de moda americana ou para a Armenian Film Society. Todo a través da rede e as súas diferentes ferramentas, ningún contacto persoal.
Foto: Mónica Patxot