Marisa Castro Cerceda, investigadora, bióloga e micóloga quen durante a década dos oitenta foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural, publicou a finais do pasado ano a novela 'A saga das curandeiras', catro meses despois leva varias edicións máis e ven de presentala en Pontevedra.
Como o nome indica, fala unha actividade que é inherente á tradición galega, as curandeiras, as menciñeiras, as compoñedoras (mulleres ou homes). Ten como protagonista a Rosalía Carcedo, unha curandeira ficticia construída sobre unha realidade familiar, durante as primeiras décadas do século pasado. "Eu vivín entre curandeiros. O meu avó paterno era un prestixioso curandeiro en Lugo. Tiña plantas para curar feridas, desinfectalas; daquela iso coñecino polo meu pai, que seguiu a súa liña e exerceu ata que morreu. E isto mantívome sempre con moita admiración cara a eles", explica.
Foto: Mónica Patxot