Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona!

Radio
14 de decembro 2016

As insistentes chamadas telefónicas de carácter comercial poden sacar a calquera de couzón. Podemos facer algo para terminar con ese acoso?.

Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona! /
Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona!
Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona!

En 2014 entraba en vigor a nova normativa na defesa ao consumidor. No seu desenvolvemento expóñense algunhas máximas de protección sobre esas persistentes e inoportunas, en ocasións, chamadas comerciais. Con todo, da norma á práctica, o incumprimento é evidente; e a protección do particular practicamente nula. Estas e outras cuestións trasladámoslla á avogada Rosa Rodríguez.