O ciclo musical de mediodía 'As Matinés do Principal' traen a Pontevedra este próximo sábado 25 a Uxía Senlle e Javier Ruibal co proxecto conxunto 'Da túa casa á miña'. Un disco que editaron hai un ano no que musican poemas de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, fusionando sonoridades diversas, non só do noroeste e sur peninsular. Javier Ruibal é un dos cantautores de prestixio no panorama actual. Adapta o flamenco de forma moi persoal ao seu repertorio. Acompáñanlles Marcos Teira na guitarra; Sergio Tannus co cabaquinho e guitarra e Javi Ruibal (fillo de Javier) nas percusións. Ademais da interpretación musical, o espectáculo está acompañado dunha proxección con Lorca e Rosalía.
Cara a cara #366: Uxía Senlle máis Javier Ruibal
Radio
22
de marzo
2023
Actualizado:
27
de novembro
2024
Uxía Senlle, cantautora galega.
Máis novidades