Jorge Molist publica 'El latido del mar' coa que volve mergullarse no século XIII, as batallas polo dominio do Mediterráneo, a Coroa de Aragón, os reis de Francia, as cruzadas en Terra Santa, o papado medieval, as ordes militares... xunto a unha historia familiar de supervivencia e vinganza. O público lector atópase a un personaxe histórico que tamén é parte da literatura española, Roger de Flor ou 'Tirant lo Blanch'. Indaga e reconstrúe o que a Historia non proporciona sobre a infancia e mocidade de Roger xunto á súa nai Blanca Coppola, viúva de Ricardo von Blume. Ambos, separados da súa familia, han de sobrevivir en Brindisi a unha nova vida que nada ten que ver coa súa liñaxe nobre. O mar convértese na esperanza de prosperidade.
Foto: Asis G. Ayerbe