Jesús Fontanes e Marcial Outeda son dous boomers pontevedreses que agora fan heavy metal experimental, ou experimentan co heavy metal, ou é moi heavy o metal que experimentan con 209, o nome do dúo. O pasado ano publicaron en plataformas dixitais o seu primeiro elepé 'Urco' e agora engaden a estes portais de streaming un EP, ou un dobre sinxelo: 'Érebos'.
Unha aclaración que fixeron antes de comezar: "é difícil, se non imposible que nos salga unha entrevista seria". Así foi.
Foto: Mónica Patxot.