Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Radio
07 de decembro 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

O I Festival Internacional Galicia Magic Fest chega este decembro con vocación de quedar. Seis ilusionistas compartirán escenario na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.

Cara a cara #36: Galicia Magic Fest /
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Entre o 22 e o 30 de decembro as cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra poderán gozar dun espectáculo ideado e producido por un pontevedrés: Pedro Volta. Trátase do primeiro festival internacional Galicia Magic Fest. Unha gala de ilusionismo na que seis magos deixarán a toda a familia pampos. Nesta primeira edición, ademais de presentar, Volta tamén ofrecerá o seu espectáculo. Sobre o escenario acompáñalle Yunke, Charlie Mag, Ta-Na-Manga, Disguido e Huang-Zheng.