Maite Ochotorena leva aos lectores a unha viaxe ata a Antártida con 'Un desierto de hielo', alí discorre unha xélida historia de novela negra con ensinanza, como nos contos infantís. Mikel, un ertzaina donostiarra e Erika, unha axente de investigación criminal norueguesa, teñen que esclarecer unha serie crimes que se cometen na base científica antártica de Nytt Hap, en Noruega.
Editorialmente preséntase como un ecothriller. Conta a escritora que buscou a Antártida xa despois de 'La mensajera del bosque': "investigara sobre o que ten que ver cos océanos, co Ártico e necesitaba falar diso; é algo que está a pasar bastante en silencio e que pon en perigo todo o que hai baixo as augas e baixo o xeo".
Foto: Carlos Ruiz B.K.