En 'La sal' Sibila Freijo íspese por completo, moito máis que calquera dos personaxes dos seus libros anteriores do xénero erótico-romántico. Fala en primeira persoa, é Sibila de nena, na súa mocidade, na súa madurez cando morre o seu pai, cando lle toca pasar por ese duelo e cando, como nos conta: "Fixen as paces co meu pai, despois de morto".Un libro moi verdadeiro e moi honesto, defíneo esta autora coruñesa. É tamén unha novela de reconciliación, de perdón, dunha xeración de pais progres de vinte anos e deses fillos que trouxeron. E de dúas cidades, Madrid e A Coruña, onde transcorreu a vida desta xornalista e escritora.
Cara a cara #356: Sibila Freijo e 'La sal'
Radio
17
de febreiro
2023
Actualizado:
27
de novembro
2024
Sibila Freijo, escritora e xornalista. Ven de publicar 'La sal'.
Máis novidades