Cara a cara #354: María do Ceo

Radio
15 de febreiro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

María do Ceo, fadista.

Cara a cara #354: María do Ceo /
Cara a cara #354: María do Ceo
Cara a cara #354: María do Ceo

'Galicia Nai' é o novo traballo da fadista María do Ceo. O décimo sétimo álbum da súa traxectoria e co que quere homenaxear a Galicia no seu 25 aniversario de carreira musical. Trátase dun disco-libro no que canta poemas de Rosalía, Neira Vilas, Manuel María, Carvalho Calero, Pepe Velo e Armando González López, poeta que desde hai anos compón para a artista desde hai tempo. María do Ceo e José Salgado (o seu guitarrista e tamén o seu home) regálannos un peche sobresaliente interpretando 'Morada de bágoas', unha canción con letra de Armando González e música da propia fadista, na que condena a violencia machista.

Foto: Mónica Patxot