O Dicionario da Real Academia Galega está continuamente actualizándose. 2022 pechou con case catrocentas novas entradas, ampliacións e modificacións. Coñecemos este traballo diario xunto ao seu director, Manuel González González.
"O Dicionario ten que obedecer ás necesidades de comunicación que ten a sociedade e a sociedade cambia a diario, aparecen conceptos novos que é necesario denominar". O pasado ano fixéronse 35 millóns de consultas. Foi elixida como palabra do ano: 'comadre', que estivo moi seguida da acepción 'ecocidio'. Isto e máis, no podcast completo.