Saqra e o nome artístico co que se presenta a moza ponteareá Noelia Fernández e tamén o que escolleu para o seu debut musical. Un EP con seis cancións que xa se pode escoitar na plataforma Spotify. "Encántame o R&B, o soul, o pop, o tecno, o reguetón e tentei facer un mix" e a todo iso, mesmo a folk soa 'Saqra'.
Preguntámoslle polo single promocional, 'Pierdo', que conta co seu correspondente videoclip e no que contou con nomes pontevedreses como os de Fran Ferreirós e Alexandre González de Orixe Creative. Un audiovisual rodado en Madrid e na costa pontevedresa.