O escritor e xornalista J.J. Benítez publica 'Belén. Caballo de Troya 12', unha edición coa que afirma poñer fin a unha saga de libros que comezou a súa andaina editorial en 1984. "Eu xa contei todo o que tiña que contar sobre a vida de Jesús de Nazaret" asegura. Unha saga que leva a unha viaxe no tempo con dous pilotos da Forza Aérea de Estados Unidos e que narran unha versión da Biblia diferente á que se transmitiu.
Foto: Carlos Ruiz.