Cara a cara #322: 'Sapidus' de García Guinarte

Radio
09 de novembro 2022

José Ramón García Guinarte, experto en neurociencia.

Cara a cara #322: 'Sapidus' de García Guinarte /
Cara a cara #322: 'Sapidus' de García Guinarte
Cara a cara #322: 'Sapidus' de García Guinarte

O pontevedrés José Ramón García Guinarte, especialista en neurociencia, acaba de publicar 'Sapidus', o seu terceiro libro tras 'Sistemas de Intelixencia Ortográfica' e 'Sistema de Intelixencia Numérica'. Neste último título, un trasgo chamado 'Sapidus' explica o funcionamento do cerebro"pretende funcionar como un manual de instrucións", di o seu autor.

No podcast 'Cara a cara' colócanos no punto de partida: "dispoñemos dunha biocomputadora tan fascinante que ninguén foi capaz de cuantificar os seus límites, pero vén sen un manual de instrucións de serie. O noso cerebro ten unha capacidade de aprendizaxe que non para nunca, esa é a parte positiva; a negativa é que ás veces comete erros na aprendizaxe" e como axuda, escribiu 'Sapidus'.

Non é só un ilustrado manual de instrucións, senón que ademais engade outras ferramentas: "no noso cerebro tamén se xeran programas daniños, pero non dispoñemos dun antivirus para eleminar eses programas". Explícao cun exemplo no programa de PontevedraViva Radio"por que está xeneralizado entre os alumnos sensacións negativas cando se lles fala de estudar?, paradoxalmente o ser humano é curioso por natureza e que estea asociado a sensacións tan negativas é algo tremendamente grave. Hai que reprogramar esas sensacións para que sexan neutras ou positivas".

Que ninguén espere un libro infestado de tecnicismos, é tan comprensible e recomendable para un adolescente como unha persoa de máis idade e ademais de explicacións teóricas tamén ofrece propostas prácticas para sacar mellor rendemento ao cerebro.

Fotografía: Mónica Patxot