Cara a Cara #320: 'Artivismo'

Radio
02 de novembro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Manuel Alaníz, educador artístico e muralista.

Cara a Cara #320: 'Artivismo' /
Cara a Cara #320: 'Artivismo'
Cara a Cara #320: 'Artivismo'

Nun momento no que o activismo ambiental está no foco, cuestionado por accións que atacan obras de arte para chamar a atención mediática, falamos neste podcast de 'artivismo' e facémolo con Manuel Alaníz, educador artístico de nacionalidade nicaraguense. Estes días está en Pontevedra a pedimento da iniciativa People&Planet na que participa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e ao que pertence Carmen Novas, desde a área de comunicación e quen tamén participa no programa.

Fronte a ese activismo que agride de forma vandálica á arte, ese 'artivismo' emprega a arte - o muralismo en concreto -, como medio de comunicación que  involucra a unha comunidade e busca solucións.

Fotografía: Mónica Patxot