O cantante e compositor pontevedrés Javier Lago volve para falarnos do seu novo proxecto. Un traballo que poñerá sobre o escenario este venres próximo, día 28, na Sala Karma a partir das 21.30 horas.Non estará só no escenario, senón acompañado dunha banda que conforman Raúl (tocados e guitarra) e que tamén é o seu produtor, Gonzalo (guitarra eléctrica) 'Pisca' (baixo) e Héctor (batería), cos que sente totalmente arroupado para este compromiso en directo. Será "unha noite de debut na que todo o que pase, será exclusivo".
As entradas para asistir a este directo pódense conseguir na billeteira da Sala Karma o propio venres, na web de wegow. O prezo é de dez euros o mesmo venres, oito euros anticipada.
Foto: Mónica Patxot