Familia Caamagno acaba de publicar 'O mundo está derrotado'. Un elepé no que manteñen a súa identidade: rock, garaxe e pop, letras en galego e humor retranqueiro. Son Toni, Lano, Francesco, Jess e Manuele Caamagno, e con este último charlamos neste podcast. Un novo disco vén cun satisfactorio preludio, o Premio Martín Códax da Música na categoría rock.
Este próximo sábado 29 presentarán o álbum en directo na Sala Capitol compostelá coa presenza de invitados no escenario como Guadi Galego, Martín de The Homens e Hevi de Malandrómeda.
Foto: Aigi Boga