Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico

Radio
22 de outubro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Ana Cocho Bermejo, arquitecta e integrante da Red Ibérica del Patrimonio Gráfico.

Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico /
Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico
Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico

Os rótulos comerciais son elementos da paisaxe urbana que falan do que foron e agora son as cidades e os seus barrios. Teñen interese desde varios prismas artísticos: tipográfico, de deseño, fotográfico, arquitectónico,... Por razóns como estas en 2020 fundouse a Red Ibérica en Defensa del Patrimonio Gráfico.

Charlamos con Ana Cocho Bermejo, arquitecta galega que a comezos da década do 2000 comezou a documentar os rótulos comerciais da Coruña. Ese inxente traballo fixo que contactase co Colexio de Arquitectos de Galicia, que interesados, publicárono en papel ('Rotulados'). Forma parte da Rede e como ela, hai arquitectos, deseñadores, fotógrafos... todo tipo de perfís cuxo nexo é "divulgar que é un patrimonio que hai que protexer, gardalo e catalogalo e mesmo, rescatalos para que non perezan".