Cara a cara #315: Bea Salazar

Radio
18 de outubro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Bea Salazar, activista salvadoreña do feminismo e os Dereitos Humanos.

Cara a cara #315: Bea Salazar /
Cara a cara #315: Bea Salazar
Cara a cara #315: Bea Salazar

Bea Salazar é unha muller salvadoreña, activista do feminismo e dos Dereitos Humanos. participa estes días nunha serie de charlas e reunións con responsables políticos, colectivos feministas e centros educativos a pedimento da Coordinadora Galega de ONGs  - en colaboración coa Deputación -.

Fala neste podcast da súa traxectoria no activismo social e feminista e das múltiples formas de violencia á muller que se seguen producindo no seu país. Desigualdades de todo tipo, inclusive as normativas como a lei que penaliza calquera tipo de aborto: "Temos nenas de nove anos embarazadas produto de violacións. Ningún Estado pode obrigar a unha nena á maternidade. A lei que penaliza o aborto tamén criminaliza. Son mulleres de escasos recursos económicos, da área rural, que non tiveron unha educación e menos unha educación sexual. Esas mulleres son condenadas, tiveron complicacións obstétricas, abortos expontáneos e chegaron ao sistema de saúde porque é obrigatorio atendelas, pero este denunciounas".

Foto: Mónica Patxot