O próximo dous de outubro a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra convoca a cuarta edición da marcha anual. Unha proba deportiva, que non competitiva, sen límites de idade. As inscricións xa están abertas. Formalízanse na sede da Asociación, nas mesas que se van a instalar pola cidade e a través da web Rock The Sport ata o 29 de setembro; ademais o propio día da proba na mesma Alameda.
Todos os detalles sobre esta convocatoria, cuestións relacionadas coa Asociación, incidencia, investigación ou atención ao cancro, falámolos coa presidenta provincial da AECC, Carmen Abeledo e a súa responsable de comunicación Pilar Canda.