Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina

Radio
08 de agosto 2022

Margarita Pacheco Argibay, peiteadora.

Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina /
Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina
Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina

Margarita Pacheco Argibay xubilouse. Corenta e cinco anos exercendo a súa profesión de peiteadora e sempre no Salón de Peiteado de Señoras Manolo, situado nas galerías La Oliva. Inicialmente como aprendiz e posteriormente como socia unha vez que o seu propietario traspasou o negocio. Nestes anos de actividade, durante máis de trinta, foi a peiteadora da Virxe Peregrina. Non foi a única, polas súas mans tamén pasaron as perrucas da Virxe dos Milagros de Amil ou da Virxe da Lanzada entre outras. 

Coa súa xubilación ponse fin á historia deste salón de peiteado, unha das máis veteranas de Pontevedra e un establecemento que en diversas ocasións chamou a atención de viandantes por conservar a súa imaxe vintage.

Fotografía: Cristina Saiz