Profesionalmente encaixaba nese concepto que a maioría da sociedade actual considera "persoa de éxito". Con todo un día deixou o traxe e a gravata e dedicouse a viaxar. Afirma que a xente que máis lle fixo repensar e cambiar as súas prioridades na vida, coñeceunas viaxando. Esas dúas últimas viaxes foron ao Pireo grego, onde lle absorveu o campamento de refuxiados de Ritsona. Con esta bagaxe vital, se lle preguntas a Pedro Rial que é o éxito dirache: "o que che fai feliz". E se insistes: e que é ser feliz?, "sentirse a gusto consigo mesmo".
Máis novidades