Cara a cara #299: Rita González - Centinelas de la Costa

Radio
27 de xullo 2022

Rita González Villanueva, investigadora e profesora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Proxecto Centinelas de la Costa.

Cara a cara #299: Rita González - Centinelas de la Costa /
Cara a cara #299: Rita González - Centinelas de la Costa
Cara a cara #299: Rita González - Centinelas de la Costa

O proxecto Centinelas de la Costa comezaba o pasado 2021 entre  a Universidade de Vigo, a Univesidad de Cádiz, o ICM de Barcelona e o SOCIB de Baleares. É unha secuela española da iniciativa australiana CoastSnap. Unha proposta que convida os cidadáns a que compartan con esta comunidade científica esas fotografías que fan coas súas smartphones no litoral para estudar os cambios que progresivamente rexistran.

Invitamos ao 'Cara a cara' a Rita González Villanueva, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Ela participa do devandito proxecto e será quen imparta este sábado 30 unha sesión formativa para quen ademais queiran ser "científicos cidadáns" nesta proposta. Será en Bueu, a única ocasión este ano en Galicia.

Fotografía: Mónica Patxot.