Sofía Bernárdez Vilas é alumna de 3º de ESO no Colexio A Inmaculada de Marín. É a gañadora da sexta edición do concurso literario intantil e xuvenil sobre protección de datos que convoca o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O traballo presentado por Sofía, titulado 'Número descoñecido' narra a historia dunha menor que contacta por teléfono, supostamente, cun mozo da súa idade... e ata aquí avanzamos porque é unha historia que relata integramente a súa autora e reproducimos neste podcast.
Fotografía: Mónica Patxot