O pontevedrés José Ramón García Guinarte, especialista en neurociencia, publica o seu segundo libro, 'Sistema de Intelixencia Numérica'. Xunto a 'Sistema de Intelixencia Ortográfica' editado anteriormente, propón sistemas de adestramento mental.
Fala deste métodos, de intelixencia, de como se traballa ou como se desaproveita, do sistema de procesamento do cerebro ... unha didáctica charla para aprender e comprender.
Fotografía: Mónica Patxot