Cristina Saiz é fotógrafa, unha actividade que tamén desenvolve en PontevedraViva. Esta pontevedresa pertence á denominada xeración millennial á que retratou física e emocionalmente como proxecto final do recentemente terminado master na Escola de Artes e Deseño Labasad de Barcelona sobre fotografía documental. Mirou á súa xeración, retratouna dixital e analoxicamente, e recolleu o seu sentir sobre o presente e o futuro. Calificación: sobresaínte.
Fotografía: Mónica Patxot.