'Mulleres e inspiración' é o título co que esta semana se están ofrecendo diversas actividades como clases maxistrais ou conferencias, promovidas pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Estas propostas complétanse o domingo 5 de xuño cun recital no Pazo da Cultura a partir das 19.30 horas no que a muller, como intérprete, compositora ou solista vai ser a protagonista.
Para comezar, a Filharmónica estará composta por intérpretes femininas baixo a batuta da catalá Claudia Dubé Oranías, que intervirá por primeira vez en Galicia. A vicepresidenta da Orquestra, Judith Rey tamén participará como solista e a ferrolá Julia Dopico estreará 'O último adeus'. Outras compositoras que tamén poderá escoitar o público con Carmen Díez, Marianna Martines e Clara Wieck.
Outros dous nomes deste recital son os do músico e compositor pontevedrés Mario Diz, que achega neste podcast todos os detalles do evento no que se estreará a peza que se lle encargou a tales efectos e que leva por título 'Wo0men'. O outro nome importante da iniciativa é o da galega Isabel Pérez Dobarro, pianista e fundadora de Woman in Music.