Ernesto Filgueira acaba de recibir o Premio Traxectoria do Comercio Galego, a instancias da Federación Galega de Comercio. Rexenta o negocio que hai 53 anos abriron os seus pais: "La casa de los paraguas". Poucos deben saber que é mariño mercante. O mérito non foi só dar continuidade ao negocio familiar, senón estar - (presidir e manterse) - no xerme dun colectivo comercial, Zona Monumental, que naceu na etapa máis escura dun centro histórico, a día de hoxe irrecoñecible. Emociónase ao falar da súa familia. A súa muller lembra unha frase dun dos fillos da parella, que resume a dedicación empresarial e colectiva deste pontevedrés: "hoxe hai comercio? el non preguntaba se hoxe hai colexio".
Cara a cara #29: Ernesto Filgueira
Radio
19
de outubro
2016
Actualizado:
27
de novembro
2024
Ernesto Filgueira.
Máis novidades