'Soy' é o álbum de debut dun cambadés que artisticamente se chama Cacabelos. O debut de madurez de José Luis Núñez Cacabelos que inclúe oito temas para escoitar igual que a súa propia portada: comodamente gozando de algo natural e cunhas letras que falan de introspección, de experiencias acumuladas, de desexos e de reflexións.
Compuxo seguindo os consellos que lle deu Jorge Drexler e contou coa tutela e experiencia do seu irmán putativo, Pachi García 'Alis'. Un disco no tamén están implicados o teclista Basilio Martí e outro cambadés, o acordeonista Anxo Xesteira. Agarda seguir presentando este traballo en directo, polo de agora o máis próximo será no Grove o próximo 28 de maio.
Fotografía: Diana Eiras