O nome de Javier Pérez Gomara e o de Javier Waterproof, estarán no vindeiro Festival de Cans. Nesta convocatoria cultural estrearase a curta ‘A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos’ do coruñés Martín Caínzos, para a que Javier encargouse do son e para a que tamén compuxo como músico o tema 'The scarf she wore in red'.
Javier actualmente reside en Barcelona ampliando formación como técnico e como músico. No cinema e no son están as súas perspectivas laborais futuras. Acaba de presentar o sinxelo 'Orfeo y Eurídice', que se pode escoitar en todas as plataformas musicais de streaming e no que colaborou co artista ferrolán Eloy Hermida, que deseñou a imaxe do single e o baterista coruñés Nicolás Cotelo.