Co permiso e compañía de Silvia Rodríguez Coladas chegamos a 'Bosquesanto' onde desaparece un dos seus veciños... É unha novela negra situada no norte peninsular e aderazada desa tan galega retranca. Licenciada en Dereito, con experiencia no eido editorial, colaboradora en varias publicacións, presenta este venres 6 ás 20.00 horas no Espazo Nemonon de Pontevedra, a súa primeira novela. Naceu en Pontedeume, pero desde hai un tempo a súa vida está vencellada a un pazo, A Saleta, en Meis.
Fotografía: Mónica Patxot.