'Ascensión' é o segundo disco en solitario do profesor, compositor e historiador marinense Seso Durán, quen formou parte do recoñecido grupo folk Liorna. Este 20 de abril xa está dispoñible e o próximo 29 presentarase en directo en Vigo. Un traballo con Iago Lorenzo como produtor, o baterista José Bruno, 'O neno Bruno' e a masterización de Robin Schmitd.
Falamos tamén de Liorna e do traballo musical anterior, 'Son da memoria'. Un disco centrado temáticamente nos feitos da contenda civil tras o golpe do 36 e co que axuntou as súas dúas paixóns: música e historia. Un disco conceptual que este próximo xuño concluirá a súa xira na Coruña.
Fotografía: Mónica Patxot