Diana López Varela é unha pontevedresa trintañeira que emerxeu ao denominado "feminismo de novo cuño" a través do éxito do seu blogue: Suspenso en religión. É tamén guionista e columnista. Está inmersa estas semanas na presentación do seu primeiro libro No es país para coños. Fala de homes e de mulleres, de amizade, de soltería, maternidade, sexo, deporte, medios de comunicación, acoso, malos tratos, internet... con gran dose de humor.
Máis novidades