Cara a cara #277: Álvaro Agulla e a Lei de Segunda Oportunidade

Radio
14 de abril 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Álvaro Agulla, autor de  'A lei da miña segunda oportunidade'.

Cara a cara #277: Álvaro Agulla e a Lei de Segunda Oportunidade /
Cara a cara #277: Álvaro Agulla e a Lei de Segunda Oportunidade
Cara a cara #277: Álvaro Agulla e a Lei de Segunda Oportunidade

Álvaro Agulla asina 'A lei da miña segunda oportunidade. Como conseguín superar unha crise financeira e volver empezar'. Un libro no que describe a súa experiencia que poder servir de autoaxuda para outros e un libro divulgativo dunha normativa: a Lei de Segunda Oportunidade á que parece, non interesa dar publicidade. Aprobada en 2015, dirixida a particulares e autónomos, está asentada nun acordo extraxudicial do pago de débeda e na posibilidade dunha exoneración das cargas económicas insatisfeitas. 

Este bueuense, fincado en Marín e profesionalmente dedicado á comunicación, acolleuse á Lei de Segunda Oportunidade dous meses antes do inicio do confinamento. Na charla que mantemos emerxen cuestións como as connotacións pexorativas que acompañan á palabra fracaso empresarial e alerta sobre a cara b que teñen as promocionadas tarxetas revolving.

Fotografía. Mónica Patxot